A USC busca os 22 millóns que necesita Historia para solventar os graves problemas de conservación (2024)

Construído no século XVIII, no terreo que ocupaba o colexio de Compañía de Jesús, o edificio que alberga a Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago presenta dende hai tempo graves problemas de conservación. Fai un par de semanas detectáronse gretas no forxado do chan que sostén o depósito da biblioteca da facultade, onde se aloxan uns 150.000 libros. Tras un estudo realizado por un grupo de enxeñeiros determinouse que a estrutura está danada polo peso dos exemplares e as estanterías de metal, o que obriga a mover todo canto antes.

Esta cuestión xa foi abordada polo xerente da USC, Javier Ferreira, nunha xuntanza co decano da facultade de Xeografía e Historia, Marco V. García Quintela, e co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras. No encontro percibiuse que por parte do Concello e da Delegación do Goberno xa hai unha vontade por colaborar coas necesarias actuacións a través do Consorcio. “Cónstame que o tema está tendo recorrido. A acción do delegado do Goberno está sendo positiva e dende a alcaldía estase vendo isto con moito cuidado e interese. E temos, de xeito provisional, algunha colaboración coa Igrexa”, conta Marco V. García Quintela en conversación con EL CORREO GALLEGO. Polo de agora, descoñécese a posición da Xunta, ao non participar en ningunha xuntanza coas citadas institucións do Consorcio. “Agardo que tamén se sume”, comenta o decano.

A USC busca os 22 millóns que necesita Historia para solventar os graves problemas de conservación (1)

La USC espera una ayuda energética para reformar el Colegio Mayor San Clemente tras dos años cerrado

Na actualidade, o foco está posto en conseguir unha solución “provisional” para a biblioteca, que consiste en diminuír a carga de peso sobre os forxados. Agardase que sexa efectiva a comezos do curso 2024-25. A pretensión é utilizar uns espazos do soto da Facultade de Filosofía e pechar a cafetería de Historia para meter alí unha parte da colección. “Como temos que facer un baleirado de libros por un volume de peso importante e tendo en conta que queremos que a colección sexa accesible, ten que ser en locais inmediatos. Algo temos que sacrificar”, incide. A posteriori, a solución definitiva terá que vir das achegas de fondos que se agardan por parte das intitucións do Consorcio de Santiago (Concello, Xunta de Galicia e Goberno de España).

“Tamén temos, de xeito provisional, algunha colaboración coa Igrexa e agardo que a Xunta tamén se sume”

Marco V. García

— Decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago

Hai tres anos presentouse o Plan Director da Facultade, que contempla a necesidade de acometer unha profunda reforma do edificio, afectado polo paso do tempo e por deficiencias estruturais que repercuten na seguridade e na habitabilidade do edificio, unha rehabilitación integral que require dun orzamento de máis de 22 millóns de euros.

Co Plan xa existía un sinalamento de risco na biblioteca e contemplouse a posibilidade de movemento de libros no depósito.“Os libros imos meténdoos un a un e co paso do tempo vai facendo peso e agora chegamos a unha situación límite”, apunta o decano.

O recente informe técnico da enxeñería dictou que sobran as tres quintas partes do peso. “Mentras non tiñamos ese informe podiamos mirar para outro lado, pero agora non podemos non actuar”, manifesta o decano. O informe chegoulles hai dúas semanas.

A USC busca os 22 millóns que necesita Historia para solventar os graves problemas de conservación (2)

La USC espera aún por 13 millones de la Xunta para poder licitar la facultad de Farmacia

Logo procederase co arranxo integral da biblioteca de acordo co proxecto de execución de obra que agardan ter cara a finais deste ano ou principios do seguinte. “Cando o consigamos hai que chegar aos fondos necesarios para acometer a obra”, comenta. A USC necesitará 6,7 millóns para paliar os danos estruturais da biblioteca. Só o traslado dos libros do fondo da facultade costará1.149.500 euros.

A maiores,agardánse outro tipo de remodelacións no conxunto da facultade. Por agora non hai datas previstas para o inicio das mesmas.“Imos empezar polo máis urxente que é a biblioteca”, reiterea Marco V. García.

Actuacións na facultade, na Igrexa da Universidade e na cafetería

No tomo 3 do Plan director da Facultade de Xeografía e Historia, redactado pola Oficina Técnica do Consorcio de Santiago, vén recollida a proposta xeral da actuación. A rehabilitación completa da facultade, da estrutura e instalacións, con prioridade “moi urxente” como se sinala no Plan levarase a cabo nunha superficie construída de 15.000 m2e o orzamento será de 21.687.010,65 euros.

A isto súmase unha intervención na Igrexa da Universidade, que inclúe a actuación interior en pavimentos e elementos expositivos e novas instalacións. Para iso hai un orzamento de 690.487,49 euros. A maiores, na cafetería está previsto a substitución da cubrición e de carpintarías exteriores e a renovación de acabados, interiores e instalacións por un importe de 253.393,60 euros. En total, o orzamento da intervención na Facultade de Xeografía e Historia chega aos22.630.891,74 euros.

No referente aos usos e ordenación de espazos, o documento facilitado a este medio pola Universidade conta que se busca dispoñer o máximo número de aulas na planta baixa e primeira do edificio “co obxecto de mellorar o funcionamento docente da facultade”. Por isto manteranse na mesma posición as aulas existentes nestas plantas e modificarase o uso da maioría das zonas destinadas actualmente a despachos nestas plantas.

Outra das intencións é manter na mesma posición o paraninfo, o decanato e a zona de administración en planta primeira e a sala de lectura da biblioteca e a biblioteca Lago en planta segunda.

En referencia ás instalacións, proponse unha reforma completa da instalación de calefacción e unha nova instalación de renovación de aire. Utilizarase gas natural e substituirase a actual caldeira por dúas repartindo así a potencia instalada.

Sobre a Igrexa da Universidade o obxectivo principal será lograr unha ventilación eficiente e natural que mellore as condicións ambientais interiores de temperatura e humidade. Tamén se busca a mellora do sistema de iluminación natural da Capela de San Xosé, así como a posta en valor dos elementos artísticos do interior e a restauración do patrimonio contido.

No apartado do Plan referente ás actuacións na cafetería, cítase que no andar soto, actualmente destinado a almacén, instalarase o grupo de presión para a instalación de protección contra incendios -BIEs- do edificio da Facultade. No andar baixo será preciso reorganizar parte do espazo actualmente ocupado pola cociña e zona de persoal para destinalo a cuarto de instalacións, onde se instalará o grupo electróxeno da instalación de protección contra incendios da Facultade. A cociña, zona de persoal e aseos, incluíndo un aseo accesible, redistribuiranse no resto da planta da cafetería.

TEMAS

  • USC
  • Santiago
  • Obras
  • Facultade de Xeografía e Historia
  • reforma
  • Rehabilitación
  • Biblioteca
  • Libros

Comenta esta noticia

A USC busca os 22 millóns que necesita Historia para solventar os graves problemas de conservación (2024)
Top Articles
Latest Posts
Article information

Author: Pres. Carey Rath

Last Updated:

Views: 5981

Rating: 4 / 5 (41 voted)

Reviews: 88% of readers found this page helpful

Author information

Name: Pres. Carey Rath

Birthday: 1997-03-06

Address: 14955 Ledner Trail, East Rodrickfort, NE 85127-8369

Phone: +18682428114917

Job: National Technology Representative

Hobby: Sand art, Drama, Web surfing, Cycling, Brazilian jiu-jitsu, Leather crafting, Creative writing

Introduction: My name is Pres. Carey Rath, I am a faithful, funny, vast, joyous, lively, brave, glamorous person who loves writing and wants to share my knowledge and understanding with you.